Todas as persoas temos capacidades diferentes

Para completar as actividades do día Internacional das Persoas con Discapacidade o luns día 4 o equipo docente quiso trocar a mirada sobre a Discapacidade, apartando o Dis, e proclamando que "Todas as persoas temos capacidades diferentes".

Axudado nesta tarefa polas camisetas da Asociación que #westgalicia colaborou con nós.



Baixo o mesmo paraugas

O domingo 3 de decembro é o Día Internacional das Persoas con Discapacidade. Celebrámolo colaborando coa iniciativa "Baixo o mesmo paraugas" de @galiciadiversa (entidades sociais de toda Galicia unidas para celebrar este día cun paraugas colorido como sinal de identidade).

Cerimonia TEI (Titoría entre iguais)

 O pasado xoves 02 de novembro, celebramos a cerimonia TEI para inaugurar unha nova edición do programa TEI "Titoría entre iguais". O alumnado de 3º ESO volve a ser titor/a do alumnado de 1º ESO. Pinchando na seguinte fotografía, podedes acceder a un álbum de fotos do acto que estivo amenizado por un grupo de pandereteiras, integrado por algúns alumnos do centro.












A nosa Aula de Convivencia volve a estar a pleno rendemento!

Invitámosvos a que veñades nos recreos a entretervos con distintos xogos e actividades. Algúns son de cursos pasados (o xadrez ou cubos de rubik) e outros son novos ("unno", “jenga”, “cortex”, “hundir la flota”, “scrabble”, “tabú”…) Tamén podedes colorear mandalas, tocar a guitarra, ler tranquilamente ou simplemente charlar cos compañeiros, compañeiras e profes. Pronto empezarán os recreos dinámicos con novas actividades. Vémonos alí!



Roteiro Convivencia 1º ESO - 2023

O pasado 25 de setembro o alumnado de 1º ESO fixo o tradicional Roteiro de Convivencia que lles dá a benvida ao David Buján. Fixemos unha pequena ruta polo río Mero e despois de comer os rapaces e rapazas participaron nuns divertidos xogos que lles tiñan preparados os monitores no campo de fútbol Dani Mallo. Unha tarde para convivir e divertirse!

Entrega do donativo correspondente aos ingresos do II Feirón Solidario de Nadal

O luns 15 de maio visitounos por 2º ano Óscar Palleiro, bombeiro en Cambre e voluntario en salvamento, que nos falou do seu labor nas dúas ONGs coas que xa colaboraba o ano pasado: Proemaid e Rodeiras xuntas por Marrocos e tamén da súa nova colaboración en Turquía con Acción Norte. Ademais de aprender e empatizar coas inxustizas que se atopan detrás da crúa realidade da migración, os desastres naturais e a pobreza, fixémoslle entrega do 50% dos ingresos recadados (101,25€) na 2ª edición do Feirón Solidario de Nadal que se organizou desde os Departamentos de Economía e Convivencia coa colaboración do alumnado de 4º ESO-B. A dito donativo, sumouse a cantidade de 11,70€ doados pola familia dunha alumna. Total: 112,95€.   

Moitas grazas a todos/as pola vosa colaboración no II Feirón Solidario do IES David Buján.


Talleres de xadrez, rubik e origami

O Departamento de Convivencia e Mediación continúa coas súas actividades durante este último trimestre. Seguimos cos talleres de xadrez e de cubo de rubik. Temos novos cubos con diferentes formas e que son máis desafiantes! Retámosvos a que veñades á aula de convivencia a intentar resolvelos! 

Tamén temos unha  novidade: un taller de origami no primeiro recreo dos venres que organiza Nicolás Martínez de 1º ESO. Grazas Nico por axudarnos a facer figuras tan fermosas !
Non olvidemos que tamén segue adiante a Brigada Ecolóxica. Hai que coidar o contorno do noso instituto. É labor de todo@s.
Animádevos a participar nestas actividades nos recreos!