O noso logo







Por fin temos logo!
Grazas a Silvia Fernández, a profe de Plástica. Unha artista.
Encántanos!

BO TRATO NO DAVID BUJÁN

Durante 6 sesións, na hora de titoría, o alumnado de 2º de ESO estivo traballando cos monitores da asociación DINAMO nos obradoiros de bo trato. Entre outras actividades participaron nun concurso de guións para facer unha curtametraxe. O guión gañador pertence aos alumnos de 2º ESO B:
  • Borja Vázquez Mejuto
  • Enrique Prego Calvo
  • Rubén Campos Vázquez

Estades todas e todos convidados ao acto de celebración da campaña contra a violencia de xénero que terá lugar no Centro social do Graxal hoxe, luns, ás 20.00 horas. Estes rapaces recollerán o seu galardón e moitos aplausos do público! 
ARRIBA O BO TRATO!!!!

Anhida Coruña no David Buján


Segunda sesión de formación co alumnado


O xoves 15 de novembro, no salón de actos, vimos e comentamos o vídeo Mediación Escolar realizado polo equipo de mediación do IES Justo Millán de Hellín, Albacete.

O biscoito de chocolate de Nuria

Día da Tolerancia

Ola, como este venres conmemoramos o día internacional para a tolerancia, a Pilar ocorréuselle buscar unha curtametraxe para refrescar estes temas que xa vimos traballando doutras formas. Despois de buscar foi Pilar a que atopou unha curta superchula, cando a vin pensei que ía da pobreza porque se desenvolve en Senegal.
Non, non vai da pobreza.
Ben, si vai da pobreza.
Podedes poñerlle a curtametraxe, que dura vinte minutos e realizar cos alumnos/as algunha das propostas para a aula que a organización enrédate, de UNICEF, plantexan.
Esperamos que o pasedes ben.

Retomamos a nosa formación.


O xoves 25 de outubro, no segundo recreo, reunímonos os membros do grupo de convivencia-mediación para realizar a primeira sesión de formación. Vimos o vídeo do profesor Juan Carlos Torrego que acompaña a esta entrada e falamos sobre as distintas fases da mediación.