Nós correspondemos

O alumnado colaborador do instituto mantivo, até o momento, tres reunións co traballador social do concello para achegalo e formalo no seu labor de transmisores de actividades xuvenís e de voluntariado.
A primeira reunión foi unha visita ao concello onde foron recibidos/as polo alcalde quen lles presentou a App Applíkate e convidounos a asistir á presentación oficial o seguinte sábado, fóra de horario lectivo. O interese dos rapaces e rapazas foi tal que corresponderon acudindo á cita. Posteriormente achegáronse á OMIX para coñecer de primeira man as instalacións e as actividades que se están a levar a cabo.

Na segunda cita recibiron formación para xestionar un taboleiro informativo e como resultado desta reunión conseguiron unha mellora estética neste resultando máis atractivo para o alumnado. Na terceira, nunha xuntanza cos correspondentes xuvenís do IES Afonso X de Cambre, crearon unha conta de twiter para a difusión de información de interese.